Dous incendios sen control na Gudiña | Galicia, a comunidade coa compra e máis barata | Inaugurado o Campus Tecnolóxico Cortizo
17/09/2024 00:24:13O lume arrasa xa máis de 200 hectáreas nos dous incendios sen controlar no concello da Gudiña, nunha zona incluida na listaxe de alta actividade incendiaria. O Os efectivos que traballan na extinción cren que os focos foron intencionados e din que a evolución é favorable e confían que queden estabilizado nas próximas horas | Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facer a compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España. Así o indica o estudo comparativo da Organización de Consumidores e Usuarios feito público hoxe. Dí que, elexindo ben as ofertas, pódense aforrar ata 1.300 euros ao ano | A multinacional galega do alumino Cortizo inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de formación de profesionais en enxeñeira de fachadas. Un complexo de 25 mil metros cádrados, con tres edificios construídos con criterios de sostibilidade, e que supuxo un investimento de 40 millóns de euros | A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a pantalla grande. En Pontevedra está en marcha a rodaxe de "Antes de Nos", unha película de ficción sobre a sua vida. Dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Xoan Forneas e Cris Iglesias, a cinta vai descubrir episodios pouco coñecidos sobre a vida do intelectual e galeguista rinaxeiro
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado