Acordo da Xunta e o Goberno para transferir a xestión do litoral | Aprobados os orzamentos de 2025 | Reconstrucción virtual do Coro do Mestre Mateo |
17/12/2024 00:24:55Acordo entre a Xunta e o Goberno de Pedro Sánchez para transferir a xestión do litoral. É un anuncio feito hoxe polo presidente Alfonso Rueda a través das redes sociais. Supón dar cumplimento ao establecido na lei aprobada o ano pasado polo parlamento galego para asumir as competencias, que recibíu o aval do Tribunal Constitucional | Os presupostos da Xunta para 2025 quedan aprobados, un ano máis co apoio da maioría do Partido Popular, cunha soa enmenda das 1.200 presentadas pola oposición. As contas ascenden a case 14.000 millóns de euros e contemplan unha previsión de crecemento do PIB do 2 por cento | A Comisión Europea ditamina que a prórroga da concesión a Ence na Ría de Pontevedra, acordada polo goberno de Mariano Rajoy, non cumplíu a normativa comunitaria. A resolución do expediente aberto a España dá un prazo de dous meses ao goberno para que adopte medidas ao respecto ou remitirá o caso ao tribunal de Xustiza da UE. A Compañía asegura que o dictame non afecta á sua continuidade na Ría | Presentada unha visión inmersiva do desaparecido coro do Mestre Mateo na Catedral de Santiago. Un equipo de investigadores conseguiu desenvolver unha reconstrución dixital, integral e en tres dimensións desta estrutura, desmantelada no século XVII. A investigación serve de base para a posible creación dun sistema de visualización virtual, ou mellor aínda, para unha futura reconstrucción real
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano