Martes de entroido, e na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano deste colorista xeito. Son os chamados MADAMAS E GALÁNS. Unha tradición que se conserva e que parece que non vai desaparecer porque, din os veciños, hai relevo xeracional.
A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense moi concurridas este martes de entroido. No Cebreiro, Esta mañá rexistráronse temperaturas moi baixas, de ata tres graos baixo cero.
Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, da que o cadáver aparecera perto de Santiago, foi trasladada dende o cárcere de teixeiro á súa casa en Teo co fin de tratar de aclarar un roubo que se produciu na vivenda, o pasado día 5. A intención do traslado era que identificara os obxectos que faltaron no presunto asalto. (17/02/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano