A detención dos responsables da firma odontolóxica Vitaldent é seguida con especial atención nas 22 clínicas que tén en Galicia, asociadas mediante o sistema de franquia. Aseguran que o seu funcionamento segue sendo o normal xa que non son os pacientes os afectados polas irregularidades que levaron ás detencións, senón a administraciòn e os responsables das clínicas // Santiago Freire, do Partido Popular, será o novo alcalde da localidade coruñesa de Noia, tras sair adiante moción de censura presentada contra o anterior rexedor, do PSdeG-PSOE, co apoio de dous concelleiros independentes que, ata este momento, viñan apoiando aos socialistas na alcaldía // A universidade de Santiago abriu unha investigación para aclarar a denuncia dunha alumna da facultade de Económicas a un dos seus profesores por criticala polo seu escote. 17/02/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano