Volve a vieira fresca de Galicia. A campaña arrancou esta mañá na Ría de Arousa, xusto a tempo para o Nadal, tras remitir o episodio de toxina amnésica que impedía capturala. Todos os barcos conseguiron os topes. En menos de dúas horas apañaron uns tres mil quilos de vieira, que chegará ao consumidor eviscerada e etiquetada, a partir de mañá. // Unha ducia de sociedades científicas de Galicia únense para defender a eficacia das vacinas. Médicos e científicos insisten na necesidade de protexer a poboación mediante as campañas de vacinación, contra crenzas que poñen en dúbida a súa utilidade, que se están a difundir nos últimos anos. // Un ourensán gaña no Gordo da Primitiva 10 millóns seiscentos mil euros. O único acertante do premio de primeira categoría, do que non se coñece a identidade, xogou un boleto automático de dúas apostas que lle custou tres euros. 17/12/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano