Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os armadores do cerco voltarán faenar o luns que vén e , na proxima fin de semana, abandonarán o campamento que manteñen dende hai case tres meses diante da sede da Xunta en demanda dun reparto distinto das cotas de pesca // O Tribunal Supremo reduciu, de novo, a condena imosta ao ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. Acaba deixala en oito anos e dous meses, despois de reducir xa, nunha sentencia anterior, a de dez anos que lle impuxera a Audiencia da Coruña. 18/01/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano