Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco | Á venda os billetes para viaxar nos novos Avril | Radio 5 cumpre hoxe 30 anos
18/04/2024 00:25:00Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías. Piden a rexeneración dos bancos marisqueiros e o saneamento integral da ría | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril, que está previsto que comecen a funcionar dentro dun mes, o 21 de maio | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei. É a estimación da plataforma Ulloa Viva, que nos explica os motivos polos que se opoñen ao proxecto | Radio 5 Todo Noticias cumpre hoxe 30 anos. Tres décadas de servizo público da que foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado