Os “okupas” desaloxan o edificio da Ronda de Nelle | O 80% dos MIR aceptan plan para cubrir vacantes en verán | A visita do oso ás colmeas en...
18/06/2024 00:25:00O ocupantes desaloxan o edificio da ronda de Nelle, na Coruña, logo do incendio declarado nas últimas horas, que, se sospeita, foi provocado. Os veciños aseguran que máis de cen persoas convivían no inmoble en condicións de insalubridade | A Xunta asegura que o 80 % Médicos residentes de familia aceptan participar no programa do Sergas para reforzar a atención primaria este verán. Poderán elexir entre asumir o cupo dun facultativo, prolongar xornada ou facer gardas nos PAC, dentro plan de cobertura de necesidades médicas, que comenza hoxe | Un sistema para conectar os barcos que están en Porto á rede eléctrica e reducir así o seu consumo de combustibles fósiles. É o obxectivo do proxecto Fisterra, presentado hoxe por unha empresa de Lugo, en colaboración coa Universidade de Vigo | Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, captou varias visitas dun oso para alimentarse das súas colmeas. As cámaras que instalou anos tras sofrir outros ataques anos atrás, recolleron estas imaxes, este mesmo mes, cos os conseguintes estragos. Di que unhas 40 colmeas da sua explotación resultaron danadas, e botáronse a perder uns 800 quilos de mel
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado