Atención aos golpes de calor | Disputa entre Xunta e Delegación do Goberno pola chegada de refuxiados | Festival Ikfem, en Tui e Valença
18/07/2024 00:23:02Sensación de mareo, pel seca e deixar de suar, son síntomas de poder estar a sofrir un golpe de calor. Así o advirten o expertos, coa chegada das altas temperaturas. O maior risco, din, é para as persoas maiores ou con tratamentos crónicos. Recomendan sobe todo manter a cabeza cuberta e beber moita auga | A delegación do Goberno e a Xunta acordan manter unha canle de comunicación fluída sobre o traslado de migrantes dende Canarias, logo da polémica mantida, a conta do anuncio da chegada dun grupo de 470 refuxiados. Son adultos, solicitantes de asilo, que fuxen da guerra de Mali. Chegarán ao longo dos próximos días ao Monte do Gozo, en Santiago, e serán atendidos por ONGs | A ministra de Vivenda anuncia en Betanzos a compra de parcelas do ministerio de Defensa para construir novas vivendas a prezo accesible, unha delas na cidade da Coruña. A ministra cifra en 500 millóns o investimento do seu departamento en Galicia para poñer no mercado máis de 1.400 vivendas de aluguer e favorecer a rehabilitación doutras 18.000 | O Festival Ikfem volve xa a dinamizar a eurocidade formada por Tui e Valença do Miño. Un certame concebido como unha ponte cultural, musical e gastronomica que pretende por en valor as sinerxias a ambos lados da fronteira. O portugués Salvador Sobral, triunfador de Eurovisión, e o pianista español Marco Mezquida correron a cargo da inauguración, cunha mestura de jazz e bossa nova
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado