O Fume dos incendios de Portugal exténdese por Galicia | Sogama xustifica a subida do canon | Aplicación para contar peregrinos en tempo real
18/09/2024 00:25:05| Presidente da Xunta insiste en que non aceptará negociar aspectos de financiamento autonómico con Pedro Sánchez, no seu encontro previsto na Moncloa. Nunha entrevista en RNE, Rueda resta importancia á débeda pública da administración autonómica, que o BNG estima en máis de 14.000 millóns de euros | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo, de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos. A empresa di que arrastra actualmente unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia, evitar aglomeracións e problemas de seguridade
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano