Ascenden a 82 os falecidos en accidentes de tráfico | Sito Miñanco volve a xuízo por narcotráfico | Receitas de cociña para loitar contra o Alzheimer
18/11/2024 00:02:07Silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico no Día Mundial que chama a atención sobre este problema. No que vai de ano nas estradas galegas morreron 82 persoas... As asociacións de vítimas piden que no código penal se cree unha nova figura para o homicidio vial | O histórico narcotraficante Sito Miñanco volveu hoxe a xuízo na Audiencia Nacional, xunto a 47 membros da súa organización. Están acusados do transporte de case 4 toneladas de cocaína, un dos maiores alixos incautados en España. Entre eles está, Gonzalo Boye, avogado do expresidente de la Generalitat, Carles Puigdemont | A Xunta contempla a convocatoria de 600 prazas para a administración durante o próximo ano. O proxecto de orzamentos para o ano que vén, que roza os 14.000 millóns de euros continúa a tramitación parlamentaria ao rexeitar a maioría do Partido Popular as enmendas á totalidade da oposición | Pacientes de alzheimer elaboran receitas do seu recordo nas cociñas dos mellores chefs de Galicia. É o proxecto 'Os sentidos da memoria', ideado pola federación de afectados por esta enfermidade, que inclúe un documental con estas sesións de cociñado, para visibilizar as demencias e a loita contra os seus efectos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado