Unha muller morta pola sua parella en Viveiro | As cestas de Nadal, en risco de desaparición | Pacto de familias para atrasar o mobil na ESO
18/12/2024 00:25:03Investigan a morte violenta dunha muller á mans da sua parella en Viveiro. A falecida, de nacionalidade brasileira, traballaba no servizo de axuda a domicilio coidando persoas maiores. No hospital comarcal de Burela está ingresado O presunto autor do crime, natural da paroquia de Covas. Ao parecer intentou quitarse a vida | Os tradicionais sorteos de cestas de Nadal, están en risco de desaparición. É o que din os hostaleiros e pequenos comerciantes, ante a normativa autonómica que obriga a inscribirse nun rexistro e outros requisitos que consideran de imposible cumprimento. As sancións van dende 100 a 600 mil euros | A Xunta considera positivo para a economía galega o pacto acadado entre a Unión Europea e Mercosur. Destaca a redución dos aranceis en máis do 90 por cento que beneficiará a industria do automóbil. Advirte, en cambio de riscos para os sectores da carne e o leite | Un pacto entre pais e nais para que os nenos e nenas de 12 anos non teñan móbil con acceso a internet. É a iniciativa, pioneira en Galicia, dun colexio concertado de Santiago. As familias comprométense a non mercárllelo, polo menos durante o primeiro curso de instituto
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado