Triunfo total para o Partido Popular | Desplome dos socialistas que perden 5 escanos | Resultado histórico do BNG con 25 deputados
19/02/2024 00:22:11Triunfo total para o Partido Popular que confirma a sua hexemonía con 40 escanos, dous máis dos necesarios para a maioría absoluta, sen que lle afecte a suba do BNG e a irrupción de Democracia Ourensana | Aínda que perden dous escanos polo aumento da participación, os populares obteñen uns resultados moi bos que, para Alfonso Rueda, supoñen unha mensaxe dende Galicia para o resto de España, de reforzó do liderado de Núñez Feijóo| Os nacionalistas encabezados por Ana Pontón non conseguen o obxetivo de encabezar un cambio de goberno, pero consolídanse como segunda forza, cun resultado histórico de 25 escanos | O PSdeG perdeu cinco deputados, continua a ser a terceira forza no parlamento con 9 escanos. O seu candidato, José Ramón Gómez Besteiro, recoñece que non son os resultados que agardaban e asegura que traballará desde a oposición para consolidar unha alternativa ao PP
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano