O bo tempo durante a ponte disparou o turismo | A afluencia de peregrinos que xera emprego | Repatriación dos falecidos nas Malvinas
19/08/2024 00:25:00O bo tempo durante a ponte disparou o turismo, con niveis de ocupación por riba do 90 por cento en lugares como Santiago, as Rías Baixas ou a Mariña. En destinos con acceso limitado, como as illas Cíes, non quedan prazas ata finais de mes | A afluencia de peregrinos nos camiños de Santiago tamén bate marcas. Isto xera unha importante actividade económica e é fonte de emprego nas vilas polas que pasan as rutas xacobeas | Sobre as cinco da tarde está previsto que cheguen á Coruña os corpos de tres dos catro mariñeiros galegos falecidos hai case un mes no naufraxio do ARGOS GEORGIA nas Malvinas. Un cuarto tripulante galego segue desaparecido | En Galicia hai 66 cines, pero case todos están nas cidades. Visitamos o Cine Seixo, nunha parroquia de Marín, que leva máis de oito décadas superando crises e adaptándose ás tecnoloxías
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado