Telexornal Galicia 2    19-11-2024
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 19-11-2024

Laura Fernández morre no hospital, da maneira que elexíu | Enfrontamento de Rueda e Pontón no Parlamento | O afundimento do Prestige cumpre 22 anos

19/11/2024 00:24:32
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    19-11-2024 Telexornal Galicia 2    19-11-2024
Telexornal Galicia 2 19-11-2024 00:24:32 19/11/2024
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

Laura, a viguesa, enferma terminal, que reclamou públicamente á Xunta acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu e cunha espera menor da habitual. Valedora do tesatmento vital e a morte digna reclamou máis medios para as unidades de coidados paliativos | Novo enfrontamento entre Alfonso Rueda e Ana Pontón no Pazo do Hórreo, pola comisión de investigación sobre contratos da Xunta que os grupos da oposición consideran irregulares. O presidente acusa á lider do BNG de pretender un xuízo paralelo aos dirixentes do PP e os seus familiares | Máis de 60 mil empregados públicos, a maioría docentes, están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central despois de que as aseguradoras deixasen deserto o concurso para seguir prestando o servizo. A Consellería de Sanidade reclama máis información e un aumento dos recursos para atendelos | Hai hoxe xusto 22 anos que se producía fronte á nosa costa unha imaxe que daría a volta ao mundo. Despois de varios días de rumbo errático, o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas de Fisterra. Daba lugar á maior vertedura da nosa historia e propiciaba unha marea de voluntarios e protestas pola xestión da catástrofe, que volven á actualidade

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado