Cinco detidos, nunha nova operación contra a corrupción dirixida pola xuiz lucense Pilar de Lara. Entre os arrestados figura o principal empresario do transporte de viaxeiros en Galicia, Raúl López acusado de diversos delitos económicos como branqueo de capitais, suborno, tráfico de influencias e contra a facenda pública.
AVe chegará a Vigo dende A Coruña en viaxe de probas o próximo 29 de marzo e podería entrar en funcionamento regular a finais de abril. Anunciouno hoxe a Ministra de Fomento que negou que as obras do Ave entre Galicia e a Meseta estean paralizadas por diferenzas de sobrecustos coas constructoras da liña.
A Xunta aproba o proxecto de lei de transparencia e bo goberno, incluido nas medidas de impulso democrático comprometidas polo presidente no parlamento. Busca facilitar mais informacion ao cidadan, mais control das contas publicas e tamen das incompatibilidades dos cargos da Xunta, asi como dos traspasos de poderes entre gobernos autonomicos
(19/03/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano