Telexornal Galicia 2    20-01-2025
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 20-01-2025

Confinamento das aves de curral pola gripe aviar | Ruptura no grupo municipal socialista de Santiago | O Racing destitue a Parralo como adestrador

20/01/2025 00:25:05
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    20-01-2025 Telexornal Galicia 2    20-01-2025
Telexornal Galicia 2 20-01-2025 00:25:05 20/01/2025
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

Prohibido, dende hoxe, ter aves de curral ao aire libre nos sete concellos declarados zona especial de risco por gripe aviar, na comarca do Salnés. As galiñas terán que estar encerradas ou protexidas para impedir o contacto con aves silvestres. , tampouco se pode dar auga de depósitos aos que podan ter teñan acceso. Unha medida adoptada polo Ministerio de Agricultura para frear a propagación do virus, que de momento non se teme que poida afectar a humanos | Ruptura total no grupo municipal socialista en Santiago. Catro do seis concelleiros apoian ao portavoz, Gonzalo Muíños, ao que a dirección do Partido suspendeu de militancia e pediu que abandonase o cargo por indisciplina reiterada. A sanción é consecuencia da votación dos concelleiros do grupo a favor da ordenanza regulatoria dos pisos turísticos | Cristóbal Parralo, destituido como adestrador do Racing de Ferrol, trala goleada encaixada onte na visita a Santander. Un 6-0 incontestable, que deixa moi tocados aos ferroláns. Ata o nomeamento do sucesor de Parralo, asume a dirección do equipo o que era seu segundo, Javier Manjarín | A idea partíu dunha empresa de viaxes inglesa hai xa 20 anos: declarar o terceiro luns de xaneiro como día máis triste do ano. Os expertos aclaran que se trata dunha etiqueta con fins comerciais que non ten evidencia científica, a pesar da influencia no estado de ánimo de factores como a volta a rutina despois do Nadal e a costa de xaneiro

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado