A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 30 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 30 mil mozos con menor formacion // Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación. Nalgunhas das concentracións, coma na de Santiago, algúns manifestantes romperon cristais e lanzaron ovos e pintura en caixeiros bancarios e escaparates de comercios // O Partido Popular abriulle un expediente informativo ao concelleiro de obras de Nigrán en Pontevedra, o único cargo público detido na operación "Patos" contra unha presunta rede de corrupción en contratos municipais. 20/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano