Droga oculta en froitas no porto de Vigo | Reclamación da gratuidade da AP-9 | Gromo de gastroenterite en Ames | O Celta certifica a permanencia
20/05/2024 00:24:27Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. A investigación permitíu detectar no porto de Vigo un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | Nova coincidencia das forzas políticas galegas en reclamar a gratuidade da AP9. Os socialistas afirman que hai dificultades técnicas para a transferencia das competencias á Xunta, pero que a seguen apoiando, igual que o BNG, que o considera a liberación da peaxe un compromiso de investidura. Rueda di que insistirá a Sánchez en que cumpra a promesa | Sanidade dá por estabilizado o foco de gastroenterite no concello de Ames, que deixa Máis de cen afectados entre os nenos usuarios do comedor de dous colexios e os seus familiares. A falla de averiguar se a causa e vírica ou alimentaria, os Sergas indica que Os casos son todos leves, sen requerir hospitalización | O Celta certifica a permanencia na primeira división, sufrindo case ata o final, tras ganarlle 1-2 ao Granada, e certifica a boa marcha do equipo con Claudio Giraldez como adestrador. O Racing de Ferrol queda as portas de cumprir o soño de entrar no play off de ascenso ao empatar en Zaragoza
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado