O voto dos residentes ausentes agranda a maioría de Núñez Feijóo. O reconto provisional dá ao Partido Popular o escano en disputa por Pontevedra e suma un total de 42 deputados. Os socialistas quedan con 14, os mesmos que tiveron na pasada lexislatura.
//Os casos activos de Covid-19 continúan á baixa, cun total de 202, cinco menos que onte. A Área sanitaria de Ferrol convírtese na primeira de Galicia libre de contaxios e Os brotes de Burela e Betanzos considéranse estabilizados ao non detectarse novos positivos.
// Alivio na afección do Celta, ao lograr a salvación da categoría con apenas un empate ante o Español e gracias a unha combinación de resultados de equipos rivais. Para o Depor, a cita decisiva será esta noite ante o Fuenlabrada para seguir ou non na Segunda División. (20/07/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano