Nova tractorada en demanda de mellores prezos para o leite.
Os gandeiros volveron demandar medidas das administracións para que eses prezos, en orixe, cubran , ao menos, os custes de produción. Hoxe a protesta tivo lugar na localidade lucense de Vilalba onde centos de tractores percorreron a vila canda unha manifestación, ao tempo que o comercio local pechaba, en sinal de solidariedade.
635 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no último ano. Unha enfermidade que lles foi diagnosticada no programa de detección precoz da Xunta no que este ano participaron máis de 155 mil galegas de entre 50 e 69 anos, un 13% máis un ano antes
Dende hoxe nos centros de saúde galegos xa é posible que os pacientes elixan ao persoal de enfermaría e matrona. Unha opción que sempre será entre o persoal do centro de saúde onde xa teñan o médico de familia ou pediatra coa fin de facilitar o seguimento conxunto do doente. (20/08/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano