A Xunta convocará este ano 800 prazas de emprego público na sanidade. O Consello tamén destinou 8 millóns de euros a un plan de promoción da eficiencia enerxética nas vivendas e decidiu crear bancos de leite materno nos hospitais de Vigo e Santiago // A facturación do sector servizos aumentou un 8% o ano pasado en Galicia, concretamente entre os meses de novembro do 2014 e novembro pasado. Mellorou tamén o emprego nese sector , no que aumentou o 1, 2% // Efectivos das policías Nacional e Local intensificaron esta mañá a vixilancia no Mercado ambulante de Salgueiriños, en Santiago, co fin de evitar que se reproduciran os enfrontramentos da pasada fin de semana entre dúas familias xitanas, nos que houbera disparos ao aire e que se saldaran cun ferido e tres detidos. 21/01/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano