A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. Quéixanse da escaseza de cotas de pesca que a Unión Europea lle asigna á flota española no caladoiro do Cantábrico e critican a excesiva burocracia na pesca. // A Xunta convoca unha oferta de emprego de 222 prazas en educación. 22 para inspectores e o resto para mestres. O goberno galego tamén valorou hoxe a rebaixa do absentismo laboral entre os seus empregados públicos que permitiu aforrar 26 millóns de euros só durante o ano pasado. // Un artista que nos deixa. O coruñes Jorge Peteiro será enterrado esta tarde. Quédanos unha abandosa obra na que destacan as súas singulares paisaxes, sempre cheas de cor e rebosantes de optimismo. Un estilo fácilmente recoñecible que foi a súa seña de identidade. 21/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano