A partir de hoxe o Sergas permite que elixamos o médico de cabeceira ou o pediatra que queiramos en calquera punto de Galicia distinto do centro de saúde que teñamos asignado. Os cambios serán posibles sempre que os profesionais non teñan os cupos cubertos e acepten a solicitude // Xulgan en Pontevedra a un home acusado de reter, ameazar e tratar de asfixiar a que fora a súa moza a finais de 2011. O acusado, porteiro de discoteca, negou os feitos e dí que pretendía reconciliarse con ela // A Audiencia Provincial de Pontevedra confirma o arquivo do caso da desaparición de Sonia Iglesias. A muller da que non se sabe nada dende hai cinco anos. Desestima, así, os recursos presentados polo fiscal e mais polos representantes da familia contra o auto do xulgado de violencia contra a muller que xa decidira arquivar o sumario. 21/04/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano