Novo atraso no tren Avril | Empresas galegas preocupadas pola crise con Arxentina| O rendemento académico no cambia por usar E-Dixgal
22/05/2024 00:24:29O segundo tren Avril que circula polas vías galegas faino tamén con atraso, Debido a un incidente cunha porta antes de saír, en Vigo. Ocorre xusto o día despois da viaxe inaugural na que o vehículo quedou parado máis de duas horas e media cerca da estación de Ourense | O Tribunal Supremo absolve a Francisco Nicolás Gómez, coñecido coma 'o pequeno Nicolás', por facerse pasar por enlace entre o Goberno e a Casa Real nunha viaxe a Ribadeo, hai dez anos | Preocupación entre as empresas galegas con intereses en Arxentina, ante a crise diplomática aberta entre o Goberno de Pedro Sánchez e o de Javier Milei. O sector da pesca é o máis sensible, con 80 barcos pendentes de renovar as cotas para os próximos anos. O naval galego mantén tamén negociacións con estaleiros arxentinos | Tan só un 15 por cento dos edificios de máis de 50 anos consegue en Galicia o informe Técnico de que cumplen coas normativas de seguridade e eficiencia enerxética. Así o advirten os Administradores de fincas, unha vez rematado o prazo para presentalo | Os alumnos que empregan o programa E-Dixgal, de libro dixital, presentan un rendemento académico similar aos que non o empregan. Así o conclúe un estudo realizado pola consellería de Educación entre o alumnado de todos os centros públicos galegos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado