A Abau coas notas mási altas da historia | Comenzan os preparativos para a noite de San Xoan | David Chipperfield abre a Casa RIA en Santiago
21/06/2024 00:21:59Os alumnos cos mellores expedientes da Abau,recoñecidos nun acto no Coliseum da Coruña. É o ano coas mellores cualificacións da historia das probas, e na fase xeral, un de cada tres centros chegou ao notable de media | Comenza en moitos lugares os preparativos para a noite de San Xoan. Na Coruña espérase a máis importante, coa participación dunhas 150.000 persoas na praia de Riazor. En Nigrán, o concello advirte de multas de ata 200.000 euros para evitar danos como os producidos en anos anteriores no espazo natural protexido xunto ao areal de Panxón | Movemento de Veciños de varias parroquias do concello de Lugo en oposición á instalación dunha planta de produción de metano, a partir de resíduos orgánicos procedentes da industria alimentaria. Critican o impacto que os malos cheiros pode provocar nas casas máis próximás á instalación, que prevé a ocupación de seis hectáreas | O arquitecto británico David Chipperfield presenta un novo centro para difundir as iniciativas da sua fundación, no casco histórico de Santiago. É a Casa RIA, situada nun edificio que acolleu ata mediados do século XX un sanatorio, e que foi rehabilitado polo propio arquitecto, premio Pritzker. Contará cunha sala de exposición aberta ao público ademais de oficinas da fundación e unha residencia para estudantes
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado