As flores de pascua saen ao mercado para o Nadal | Tres candidaturas para dirixir o BNG | Nova oferta do Banco de Terras | Nova estrea da compañía...
21/11/2024 00:25:04Traballo a contrareloxo para dar saída ao mercado das Flores de pascua. Este viveiro, cerca de Santiago, cultiva máis de 40.000 plantas da poinsettia, unha especie orixinaria de México e especialmente ben adaptada ao noso clima, e destinadas a decorar os fogares polo nadal | O BNG terá que elexir entre tres candidaturas para renovar a sua dirección. A actual Portavoz Nacional, Ana Pontón, que opta a repetir no cargo, contará coa competencia da deputada autonómica Noa Presas e do portavoz municipal en Mos, Gustavo Barcia. A elección terá lugar na Asamblea Nacional, en Santiago, o próximo día 1 de decembro | O Banco de Terras da Xunta abre unha nova convocatoria na que dispón unhas 12.000 parcelas para alugar. A maioría son de titularidade pública, procedentes de concentracións parcelarias. Son moi demandandas por explotacións agrarias e gandeiras | A compañía teatral Valacar, composta por actores e actrices invidentes, volve esta noite ao escenario con "Pervertimento", unha obra que a través da farsa e o humor do absurdo deixa profundas reflexións, e derruba estereotipos sobre as persoas con discapacidade. A estrea no salón de actos da sede da Once da Coruña
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado