A operación Patos contra a corrupción iniciouse hai máis dun ano a raíz da denuncia dunha empresa competidora contra Cespa e Eiriña, as principais firmas implicadas. O Delegado do Goberno propuxo hoxe medidas para medir a eficiencia da administración de xustiza, co fin de mellorala // 131 persoas seguen ingresadas en Hospitais galegos afectados de gripe. 31 delas na UCI.Dende hai un mes 23 persoas perderon a vida a causa deste andazo que aínda nos vai seguir afectando outras tres semanas, segundo os cálculos do Servizo Galego de Saúde // Desde mañá e ata o próximo 21 de marzo xa se pode facer a solicitude de praza nas escolas infantís a Galiña Azul do próximo curso para menores de tres anos. As listas provisionais de admitidos publicaranse o 2 de maio e as definitivas o 27 dese mesmo mes. 21/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano