Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A operación foi dirixida pola xuíza Pilar de Lara, acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial. Buscaban documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense // A mesma xuíza, Pilar de Lara, tamén está a investigar se o PP de Ourense se financiou ilegalmente cando o dirixiu José Luis Baltar. Quere saber se é certo que Baltar aceptaba doazóns de empresas que non se recollían nas contas do partido. Segundo o exxerente da formación, algún ano podería ter chagado a recadar 200.000 euros // Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos. 21/11/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano