O presidente da Xunta e os conselleiros declaran en conxunto un patrimonio de 1,6 millóns de euros. Quen máis di ter é Feijóo, dono de bens por valor de 577.000 euros, un 12 por cento máis que hai dous anos. Agárdase que tamén hoxe se fagan públicas as rendas dos membros do Goberno galego. // Segue o amarre da flota do litoral en Galicia, en protesta pola escaseza de cota e o exceso de burocracia no sector pesqueiro. Este paro non se está notando nos mercados porque hai outras flotas que continúan traballando e fornecendo de peixe ás lonxas. // Zumes e batidos naturais, para previr o uso e abuso do alcol. A Unidade de drogodependencias de Vilagarcía organiza obradoiros de bebidas saudables para concienciar aos escolares sobre os riscos do alcol. Están dirixidos aos alumnos de 10 anos, porque a media do inicio do consumo, está nos 13. (22/02/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano