“O gran camiño” sae dende A Coruña | As industrias, condenadas polo “cartel do leite” | Yulemnis Aguilar espera competir por España na Olimpiada
22/02/2024 00:25:01Saída dende a zona da Torre de Hércules, na Coruña da contrarreloxo coa que arranca O Gran camiño, a volta ciclista que se disputa en Galicia en catro etapas e percorrá uns 500 quilómetros, para rematar no monte Aloia en Tui | A Audiencia Nacional confirma que Todas as empresas lácteas de Galicia intercambiaron información sensible para coordinar a compra do leite, en perxuízo dos gandeiros. A sentencia responde á denuncia feita por Unións Agrarias da existencia do chamado Cártel do leite entre os anos 2000 e 2013 | Fármacos personalizados para cada paciente tras estudar os seus hábitos e características xenéticas. é a oncoloxía de precisión. Uns 400 especialistas participan hoxe en Vigo nun simposio para debatir sobre a importancia desta disciplina | Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Galicia dende hai catro anos, ten o récord mundial de lanzamento de xavelina no que vai de ano, e o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos e conseguir unha medalla para España. Un soño para o que so se interpón a lentitude na tramitación da súa nacionalidade.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano