Emerxencia sanitaria na Coruña polo lixo | Carne sen garantías en Ourense | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes
22/07/2024 00:25:02Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade tras un mes de folga do actual servizo. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A Garda Civil incáutase en Ourense dunha tonelada de carne de vacún que se ía vender sen garantías sanitarias. Hai sete persoas investigadas tras inspeccionar catro carnicerías da cidade e dúas granxas | A mariscadoras volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade. Levaban paradas desde o Nadal pola falta de ameixa | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes. Co aumento do turismo e o límite de 1.800 visitantes diarios, está todo reservado ata finais de agosto. No que vai de temporada xa pasaron polas illas máis de cen mil persoas
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano