O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no 3º trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa. En total hai 258 mil parados, case 21 mil menos ca hai un ano. Galicia é a cuarta Comunidade na que máis subiu o número de ocupados. Os datos da EPA tamén dín que hai case 88 mil fogares en Galicia con todos os seus membros no paro // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, (os denominados drons) no aerodromo lucense das Rozas. O proxecto suporá o investimento de 10 millóns de euros e posibilitará a creación de 50 postos de traballo // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. Un xuíz de Tui abriu dilixencias logo de que un detective, contratado polas familias de varios adeptos, aportase datos sobre o comportamento da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. Describen como esa orde controlaba os contactos e as decisións dos membros da orde. 23/10/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano