Exhumación de fusilados polo franquismo en Salvaterra | Arranca a investigación parlamentaria dos contratos da Xunta | Irving Penn, na Coruña
22/11/2024 00:25:02Aparecen dous corpos e un casquillo de bala na Exhumación en Salvaterra do Miño dunha foxa na que se sospeita que están soterrados cinco veciños de Moaña fusilados en 1936 polos franquistas. Serán as probas de ADN as que determinarán se corresponden aos nomeados como os cinco descoñecidos da Cabreira | Arranca no Parlamento a comisión de investigación sobre supostos contratos irregulares da Xunta. O presidente da Sociedade Pública de Investimentos e o ex Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defenderon as contratacions feitas na pandemia, e tamén a fórmula pola que se adxudicaron as obras do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, no que o Consello de Contas apreciou un sobrecusto | O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a pasarela de Moda Debut 2024, O desfile, no que presentará as súas coleccións o alumnado do Mestrado en Deseño e Moda do campus | A retrospectiva máis importante de Irving Penn - o gran fotógrafo da revista Vogue- xa está no espazo de exposicións da Fundación Marta Ortega da Coruña. Instantáneas de moda e celebridades, e tamén arte reinvidicativa da condición humana, a igualdade, a multiculturalidade ou que o tabaco mata. A mostra máis ampla dun dos fotógrafos máis importantes do século XX
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado