Camións bloqueados na autovía das Rías Baixas e circulación complicada sobre todo nas zonas altas de Ourense e Lugo. En seis estradas secundarias é preciso o uso de cadeas. Seis mil escolares dun cento de colexios de Lugo, Pontevedra e sobre todo Ourense tiveron que quedar na casa pola primeira gran nevada do ano. // Ata a media noite, o litoral galego permanece en alerta vermella por vento forte e ondas que poden chegar aos nove metros. Seguen buscando a un mariñeiro que desapareceu fronte á costa de Ribeira, ao envorcar a embarcación na andaba ao polbo cun compañeiro, que puido ser rescatado. // Continúa o xuízo do Prestige. O ex ministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos declarou hoxe que os danos causados polo accidente do petroleiro foron "inevitables", e defendeu a decisión de afastar o buque da costa, tomada polas autoridades marítimas españolas. 22/01/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano