O mal tempo complica os labores de busca dos dous pescadores de Tui desaparecidos logo de ser arrastrados por unha onda na Guarda, en Pontevedra. Os mergulladores pospuxeron a busca nas rochas, onde creen puideron quedar atrapados.
O consello da xunta aproba unha bonificación para o pago da factura da luz que beneficiará a 14 mil familias con menos recursos. É acumulable ao bono social do goberno e calculase que aforrará na factura ata o 40 por cento do total. O consello tamén autorizou pagar as cotas da seguridade social aos mozos menores de 30 anos que queiran facerse autónomos.
En marcha o proceso para que o estaleiro de Navantia de Ferrol poida construír un Buque de Acción marítima para a Armada. O Consello de Ministros autorizou hoxe a industria a financiar con 333 millóns de euros este novo barco e outro similar na bahía de Cádiz. Entre os dous sumarán máis dun millón de horas de traballo. (23/05/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano