Naufraxio nas Malvinas dun pesqueiro con tripulantes galegos | Aviso laranxa por calor | Segue acumulándose o lixo nas rúas da Coruña
23/07/2024 00:25:03Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas. Trátase do palangreiro Argos Georgia, que afundiu tras sufrir unha vía de auga | Aquí en Galicia estamos moi pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño, onde esta tarde se poden superar os corenta graos | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida. O concello asegura que xa hai ofertas para facer o servizo e poderían comezar a recoller o xoves | E imos ver a nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado