Arranca a vacinación contra a gripe e a covid | Moción de censura en Muxía | Xornada sen vitorias para o fútbol galego | Construcción sostible, en...
23/09/2024 00:24:58Comeza a campaña de vacinación fronte a gripe e covid, coa dobre dose ós colectivos máis vulnerables. O primeiro deles, persoas maiores. Este ano hai algunhas novidades, coma por exemplo, que se vacinan tamén, xa de inicio, aos coidadores de anciáns e persoas enfermas | En Muxía o alcalde socialista Iago Toba enfróntase a unha moción de censura, avalada polos tres grupos da oposición: o BNG, o Partido Popular e os dous independentes para apoiar a Francisco Javier Sar como novo alcalde | Un home de 78 anos aparece morto, sen sinais de violencia, dentro dunha cuba de fermentación de viño na súa adega do concello pontevedrés de Portas | Xornada sen vitorias para o futbol galego. O Celta segue sumando derrotas fora da casa. Na última encaixou tres goles ante o Athletic de Bilbao. Suma dez goles en contra en tres saídas | No Día Mundial da Construcción Sostible, o Cluster da Madeira quere chamar a atención sobre unha construcción singular. É o Centro de día ubicado na localidade ourensá de Leiro, a máis calorosa de Galicia, considerado un exemplo de integración na paisaxe no que se empregou un material illante, reciclable e que leva oito anos sen precisar mantemento
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado