Citroen proba entre Galicia e Madrid o primeiro coche autónomo que circula polas estradas españolas. Saíu da factoría de Citroen de Vigo. Os seus sensores, cámaras e GPS permítenlle circular, evitar obstáculos e mesmo adiantar sen intervención do conductor // O Conselleiro de Facenda dixo, no debate do proxecto de Orzamentos, que o aumento da recadación, producto da mellora da economía, lle permite á xunta adoptar medidas coma a rebaixa de impostos. Os grupos da oposición acusárono de aparentar un cambio de orientación por motivos electorais // Os montes máis altos de Lugo e Ourense rexistraron as primeiras nevaradas do outono, traídas pola fronte polas que nos afectou durante a fin de semana. Hoxe empezou a retirarse, co que se recuperou a influencia do anticiclon. 23/11/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano