A Garda Civil trata de esclarecer o accidente ocorrido esta fin de semana en Vila de Cruces no que morreron duas persoas e feridas moi graves a unha terceira. Sospeitase que o turismo sinistrado, no que viaxaban as tres vítimas, podería estar participando nunha competiciòn ilegal con outro vehículo .
Os ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García Margallo asisten en Santiago a un foro sobre a marca España. A titular de fomento destacou que entre os factores que máis potencian a imaxe do noso país no exterior están ademais do turismo e o aumento das exportación a calidade das infraestructuras.
En liberdade os dez detidos na operación Cóndor contra delitos económicos despois de prestar declaración durante a fin de semana. O principal imputado Raúl López, propietario de Monbus terá que comparecer os luns e mércores no xulgado e tén retirado o pasaporte. (23/03/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano