Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel. Quéixanse de que empezaron a aplicarlles, todas ao mesmo tempo, unha rebaixa do prezo de 3 euros e medio por tonelada, o que lles pode causar perdas de millóns de euros // Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas quere chegar a producir ata 40 millons de botellas, de aquí a 2018, mellorar a relación calidade-prezo e aumentar as vendas no mercado nacional. Son Obxectivos do Plan Estratéxico, presentado este mediodía á administración e representantes do sector // O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20%. Ademais, segundo o INE editáronse case un 30% de títulos menos no último ano. Paralelamente aumentan os préstamos nas bibliotecas. 23/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano