O cadaver da nena de 12 anos de Santiago asasinada a pasada fin de semana xa lles foi entregado aos seus pais. Namentrae segue a investigación na busca do autor do crime. Os compañeiros e profesores da vítima no Instituto Rosalía Castro, gardaron este medio día cinco minutos de silenzo na súa lembranza.
Un incendio no concello ourensán da Merca obriga a desaloxar un colexio. Dende as dúas e media da tarde está declarada a alerta máxima. O lume que se iniciaba as dúas menos vinte da tarde xa calcinou 35 hectáreas e ameaza varias vivendas.
O presidente da Xunta cre que o ano que vén deixará de aumentar o paro e que no 2015 a economía galega empezará a crear emprego neto. Nuñez Feijóo fixo estas afirmacións nun coloquio no que felicitou á Chanceler alemá, Angela Merkel pola súa victoria nas urnas. (23/09/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano