Dúas mulleres resultaron mortas ao ser atropeladas por un coche en Moaña, nun treito limitado a 50km por hora. O impacto do vehículo, conducido por un mozo da zona, foi tal que as dúas mulleres quedaron tendidas sobre o asfalto a varios metros unha da outra // A xunta aproba pra o ano que vén 50 millons de euros para cursos de formacion e obradoiros de emprego. Tamen lle dá o viste e prace o bono de alugueiro social , para persoas con maiores dificultades para pagar o aluguer da vivenda. Serán 150 euros ao mes durante un ano, e ata un maximo de dous // Gandeiros, membros da Plataforma en defensa do Sector lácteo trasladaron ao centro de distribucion da cadea DIA en Santiago as protestas que viñeran realizando nas últimas semanas na Coruña. Pretenden que esta cadea asine tamén o acordo que xa acadaron con Carrefour, Lidl, Eroski e Gadisa para que idenfique o leite galego. 23/12/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano