Absolta a muller acusada de matar ao marido con Alzheimer|Día mundial do ruído ambiental| Encerro artístico reivindicativo na Coruña
24/04/2024 00:25:01Non culpable de asasinato. Así declara o xurado popular á muller acusada de matar o seu marido en Monfero en xullo de 2021. No vereditolido esta mañá na Coruña, o xurado avala, por unanimidade, a tese do suicidio conxunto e pactado de ambos |A Xunta celebra a sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de xestión do Litoral de Galicia, e rexeita o recurso presentado polo goberno central. Rueda pide á oposición que se desculpepolas críticas a esta normativa, da que depende o futuro duns4.000 edificios repartidos por distintas zonas de costa|Máis de quince mil familias galegasvense afectadas polo ruído nocturno. No Día Internacional para concienciar deste problema, a Organización mundial da saúde alerta de que a perda auditiva por exposición excesiva ao ruido é unha das enfermidades irreversibles máis frecuentes| Un Encerro artístico, é a última iniciativa de Enrique Tenreiro, o artista que foixulgado por pintar a tumba de Franco, e absolto en primeira instancia, para reclamaragora que remate o seu proceso xudicial. Di que vai pasar catro días vestido cun mono laranxa no escaparate dunha galería de arte da Coruña. 24-04-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado