Representantes da FIFA visitan Riazor | Aprobado o informe do Consello de Contas de 2001 | Protestas por novos atrasos de Ryanair en Vigo |
24/09/2024 00:25:01Representantes da Federación Internacional de Fútbol, en visita privada, supervisan o estadio de Riazor e outras infraestruturas da cidade da Coruña. O obxectivo: comprobar se cumpren os requisitos para converterse nunha das sedes do Mundial de 2030 | O informe do Consello de Contas no que supervisa os ingresos e gastos da Xunta do ano 2021 foi aprobado hoxe polo Parlamento, entre críticas da oposición. Socialistas e BNG acusan aos Populares de intentar demorar os informes do organo fiscalizador | Malestar entre os usuarios por novos atrasos no aeroporto de Peinador. Os pasaxeiros do voo de Ryanair procedente de Barcelona previsto para as nove da noite de onte chegaron a Vigo con 13 horas de demora, a causa dunha incidencia por causas operativas da compañía | Converter un xardín nunha obra de arte. É o que fan os participantes no Festival Internacional de Xardíns Efémeros de Allariz. Hai dúas propostas galegas entre as que compiten por ser elexidas como as mellores polo público e polo xurado especializado |
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado