O Presidente da Xunta destaca o labor de Adolfo Suárez na reconciliación dos españois e di que hai que aproveitar o seu legado, no momento de crise actual. Os socialistas salientan o seu papel coma artífice da democracia. AGE critica que o ensalcen quen o atacara politicamente e o BNG recoñece o seu rol na superación do réxime anterior // Adolfo Suárez tiña moita vinculación con Galicia, sobre todo coa cidade da Coruña de onde eran o seu pai e os seus avós paternos. O seu proxenitor está enterrado no cemiterio San Amaro // A relación de Adolfo Suárez con Galicia está viva tamén no concello de O Grove, onde o ex presidente veraneou en 1980. Alí, segundo confesa agora o seu fillo, foi onde o daquela Presidente do Goberno, tomou a decisión de dimitir, acosado dende fora e dentro do seu partido. 24/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano