Comezan en Vigo os traslados de enfermos ingresados ao novo hospital da cidade. Durante toda a semana 200 doentes quedarán hospitalizados no Álvaro cunqueiro nun operativo que principiaba esta mañá e que rematará en dúas semanas // Recuperado, na desembocadura do río Xallas, no Ézaro, na costa coruñesa, o corpo do afeccionado aos deportes de risco que caera a unha poza. A operación resultou moi difícil, debido ao escarpado da zona e precisou da colaboración dun helicóptero // Estabilizado en Ourense o incendio forestal que afecta ó municipio de Cualedro e no que arderon máis de trescentas hectáreas. O vento está a complicar a extinción deste lume que leva máis de 24 horas activo. Sesenta persoas traballan na zona para tratar de apagalo. 24/08/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano