Aurelia Rey, a octoxenaria da Coruña que ía ser desafiuzada, poderá seguir na casa na que está de aluguer desde hai 34 anos, mentres lle buscan outra vivenda. Esta madrugada, a anciá e a propietaria do piso chegaron a un acordo co que queda suspendido o desafiuzamento. // Vigo retiralle a medalla de ouro da cidade a Julio Fernández Gayoso, o ex--presidente de Caixanova. O pleno do concello votou a favor esta moción do BNG argumentando que era indigno que unha persoa que levou a ruína a milleiros de traballadores na cidade tivese tal distinción. // Ultimos trámites no Parlamento galego para aprobar os orzamentos deste ano, que son de case oito mil cincocentos millóns de euros. Os partidos da oposición critican que o grupo popular só teña aceptado sete das máis de mil enmendas que presentaron. 25/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano