Localizado o corpo da muller de 37 anos que faltaba dende que o seu marido a fora buscar a Pontevedra para levala a Lugo, onde vivían. O seu corpo foi atopado ao carón da estrada de Santiago a Curtis, na localidade coruñesa do Marquiño, perto da PonteCarreira // Prestou declaración no xulgado o expresidente do Banco Pastor, José María Arias, acusado por un pequeno accionista da entidade de varios delictos, entre eles administración fraudulenta, estafa e falsidade documental // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. No xuizo,hoxe, en Pontevedra, todos recoñceron os feitos. Seis deles aceptaron unha condena, xa firme, de dous anos de prisión e dous de inhabilitación para pescar. 25/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano