Galicia estivo representada polo Presidente da Xunta nos actos fúnebres na honra do expresidente do Goberno, Adolfo Suárez, que xa recibiu sepultura en Ávila. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou esta mañá, en Madrid á familia Suárez a quen lle transmitiu o respeto e admiración da sociedade galega por quen é recoñecido coma o artífice da democracia // A garda civil desaloxou aos veciños que permanecían acampados, desde hai un mes en Sarria, en protesta contra o encauzamento do río que pretende a confederación hidrográfica Miño-Sil. Un xulgado acaba de paralizar a corta de árbores necesaria para ese encauzamento por un prazo de tres días á espera de que os promotores aporten documentación // Novas testemuñas na instrucción do caso Asunta seis meses despois. Dentro dunha hora comezan a declarar por videoconferencia os cinco axentes do laboratorio de ADN da Garda Civil. 25/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano